En Sada hai varios lugares con este nome e non resulta moi raro xa que este nome vén da palabra latina CAUTUM que significaba “cerrado”e que se utilizou moito na Galicia medieval para significar terreo limitado por causas diversas. Tanto no noso nomenclátor como no de Portugal hai moitos lugares que se chaman Couto e derivados : Coutadas, Coutiño ou Coutado. Couto e o verbo acoutar , expresan de forma evolucionada e coloquial o mesmo concepto que temos en cultismos como cauto, cautela. Podemos atopar tamén este étimo na fraseoloxía : Para o ladrón da casa non hai coutura
No nomenclátor galego tamén temos Coto, Cotelo, Cotón,Cotarelo que significan outra cousa (raíz prelatina “kotto”, co significado de “elevación”, que deu no galego “coto”)