Decreto 189/2003 do 6 de febreiro de aprobación do Nomenclátor dos concellos da Coruña: http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/Ref.TOP_6_1.pdf
Existen vestixios de organización social desde a época megalítica (anos 3000-2000 a.C.). Coa aparición do feudalismo (séculos XI ao XIII) comeza o protagonismo dos mosteiros de Breamo, Caaveiro, Monfero e Montefaro, ata o 1270 coa fundación por Afonso X “O Sabio” da vila e alfoz de Pontedeume, de señorío real ata o 1371 pasando con posterioridade á Casa de Andrade, condición que se mantén ata a aparición, en 1835, dos novos concellos.