{"tema_id":"4564","string":"O Couto (Osedo)","created":"2012-09-28 07:13:17","code":null,"modified":"2012-09-28 07:40:36","notes":[{"@type":"Nota hist\u00f3rica","@lang":"gl","@value":"En Sada hai varios lugares con este nome e non resulta moi raro xa que este nome v\u00e9n da palabra latina CAUTUM que significaba \u201ccerrado\u201de que se utilizou moito na Galicia medieval para significar terreo limitado por causas diversas. Tanto no noso nomencl\u00e1tor como no de Portugal hai moitos lugares que se chaman Couto e derivados : Coutadas, Couti\u00f1o ou Coutado. Couto e o verbo acoutar , expresan de forma evolucionada e coloquial o mesmo concepto que temos en cultismos como cauto, cautela. Podemos atopar tam\u00e9n este \u00e9timo na fraseolox\u00eda : Para o ladr\u00f3n da casa non hai coutura \nNo nomencl\u00e1tor galego tam\u00e9n temos Coto, Cotelo, Cot\u00f3n,Cotarelo que significan outra cousa (ra\u00edz prelatina \u201ckotto\u201d, co significado de \u201celevaci\u00f3n\u201d, que deu no galego \u201ccoto\u201d) "}]}