{"tema_id":"4464","string":"Carnoedo (Santo Andr\u00e9)","created":"2012-09-27 08:28:15","code":null,"notes":[{"@type":"Nota hist\u00f3rica","@lang":"gl","@value":"Nome\u00a0de orixe ling\u00fc\u00edstica celta. Nas linguas ga\u00e9licas, a palabra \u201cCarn\u201d apl\u00edcase principalmente a xacementos megal\u00edticos ou a milladoiros de pedras. Por tanto probable referencia a un dolmen, m\u00e1moa, ou morea de pedras con significaci\u00f3n relixiosa conservadas antigamente na parroquia. Conta con, cando menos, tres castros galaicos:\n\u2022 San Amede: un castro de pequenas dimensi\u00f3ns emprazado nunha punta rochosa sobre o mar. \n\u2022 Taib\u00f3: de tama\u00f1o mediano e forma circular, est\u00e1 bastante ben conservado. \n\u2022 Espi\u00f1eiro ou Pazos: practicamente desaparecido pola acci\u00f3n urbanizadora dos \u00faltimos anos. \nNing\u00fan foi escavado, se ben foron catalogados por E. Monteagudo.\nA igrexa parroquial de San Andr\u00e9s foi constru\u00edda no 1878 e sufragada polo p\u00e1rroco Baltasar Canle y Souto, coma reza unha inscrici\u00f3n. Tam\u00e9n destaca un cruceiro do s. XVIII, as\u00ed coma algunha mostra significativa da arquitectura popular.\nO seu patrimonio m\u00e1is importante \u00e9 o natural, especialmente a s\u00faa costa rochosa, na que se suceden as praias de Arnela, As Fonti\u00f1as, Os Lobos, Armenteiro, Pedralba, Lourido e Amoreiras e outros accidentes xeogr\u00e1ficos como a Illa da Paz ou a punta de San Amede.\n\n "}]}