TemaTres: vocabulario de pruebas y capacitación

Carnoedo (Santo André)

Carnoedo (Santo André)
Nome de orixe lingüística celta. Nas linguas gaélicas, a palabra “Carn” aplícase principalmente a xacementos megalíticos ou a milladoiros de pedras. Por tanto probable referencia a un dolmen, mámoa, ou morea de pedras con significación relixiosa conservadas antigamente na parroquia. Conta con, cando menos, tres castros galaicos:
• San Amede: un castro de pequenas dimensións emprazado nunha punta rochosa sobre o mar.
• Taibó: de tamaño mediano e forma circular, está bastante ben conservado.
• Espiñeiro ou Pazos: practicamente desaparecido pola acción urbanizadora dos últimos anos.
Ningún foi escavado, se ben foron catalogados por E. Monteagudo.
A igrexa parroquial de San Andrés foi construída no 1878 e sufragada polo párroco Baltasar Canle y Souto, coma reza unha inscrición. Tamén destaca un cruceiro do s. XVIII, así coma algunha mostra significativa da arquitectura popular.
O seu patrimonio máis importante é o natural, especialmente a súa costa rochosa, na que se suceden as praias de Arnela, As Fontiñas, Os Lobos, Armenteiro, Pedralba, Lourido e Amoreiras e outros accidentes xeográficos como a Illa da Paz ou a punta de San Amede.

Términos genéricos

Términos específicos

Fecha de creación
27-Sep-2012
Término aceptado
27-Sep-2012
Términos descendentes
26
ARK
ark:/99152/t3l8kry54n3g7e
Términos específicos
26
Términos alternativos
0
Términos relacionados
0
Notas
1
Metadatos
Búsqueda
  • Buscar Carnoedo (Santo André)  (Wikipedia (ES))
  • Buscar Carnoedo (Santo André)  (Google búsqueda exacta)
  • Buscar Carnoedo (Santo André)  (Google scholar)
  • Buscar Carnoedo (Santo André)  (Google images)
  • Buscar Carnoedo (Santo André)  (Google books)